Infancia en Pacios (2009)
Instalación, medidas variables
As pezas que presento para esta exposición son unha serie de paisaxes que xogan coa nostalxia hacia un lugar no que nunca vivín, pero polo que me sinto atraído, trátase dunha aldea preto de Sarria chamada Pacios e que se atopa situada na comarca de O Incio. Esta é a fonte de inspiración de todalas obras que presento. As miñas ideas transformaronse, eran unhas ideas abertas que me permitiron introducirme no entorno facendoo partícipe, para isto, antes de realizalas pezas paseei por ese lugar, mirando, observando, recordando vivencias comúns, posto que ainda que non vivín ahí, sí que sentín. Quizáis teñan que ver as historias que me contou Toño de esta a su aldea natal, e que asimilo rememorando as vivencias na míña. É aquí donde encontro os elementos necesarios para poder traballar.
Esta forma de facer, de xenerar pezas , reconfórtame en tódolos aspectos, trátase de chegar sin nada deixar que o espacio cho de todo, é certo que a experiencia permitiume realizar unha serie de obras que despois de habelas visto e analizado con posterioridade aportaronme unha nova liña de traballo. Nestas pezas dou a coñecer os meus recorridos, a miña visión de Pacios, mostrando o amor e o apego que teño hacia un lugar que apenas coñezo. Quizáis a idea tiña que nacernese lugar que sinto “meu”, o que me aporta unha forma de facer que pode ser extrapolada a cualquier outro lugar.
( Borxa Guerrero Parapar)
No hay comentarios:
Publicar un comentario