jueves, 11 de junio de 2009

BORXA GUERRERO PARAPAR


Infancia en Pacios (2009)
Instalación, medidas variables




As pezas que presento para esta exposición son unha serie de paisaxes que xogan coa nostalxia hacia un lugar no que nunca vivín, pero polo que me sinto atraído, trátase dunha aldea preto de Sarria chamada Pacios e que se atopa situada na comarca de O Incio. Esta é a fonte de inspiración de todalas obras que presento. As miñas ideas transformaronse, eran unhas ideas abertas que me permitiron introducirme no entorno facendoo partícipe, para isto, antes de realizalas pezas paseei por ese lugar, mirando, observando, recordando vivencias comúns, posto que ainda que non vivín ahí, sí que sentín. Quizáis teñan que ver as historias que me contou Toño de esta a su aldea natal, e que asimilo rememorando as vivencias na míña. É aquí donde encontro os elementos necesarios para poder traballar.
Esta forma de facer, de xenerar pezas , reconfórtame en tódolos aspectos, trátase de chegar sin nada deixar que o espacio cho de todo, é certo que a experiencia permitiume realizar unha serie de obras que despois de habelas visto e analizado con posterioridade aportaronme unha nova liña de traballo. Nestas pezas dou a coñecer os meus recorridos, a miña visión de Pacios, mostrando o amor e o apego que teño hacia un lugar que apenas coñezo. Quizáis a idea tiña que nacernese lugar que sinto “meu”, o que me aporta unha forma de facer que pode ser extrapolada a cualquier outro lugar.

( Borxa Guerrero Parapar)




SILVIA MOURE


É, o obxeto. Ata agora ningún foi tan especial. Recólleo todo, incluso valeiro e ausente. Apartarse das súas formas implica pouca trascendencia porque todo o importante ata hoxe pasou por riba. E é para min como para o resto dos posibles.
Pero recordo sensacións atrapadas e reducidas a un habitáculo soporíferamente cotiá que non fai senón provocar una necesidade exacerbada polo ar e as estrelas. Túmbome e contémploas. Agora podo facelo en calquer lugar. Sólo esperar que a lonxanía me abrace e o vaivén me obrigue a continuar desexando.
( Silvia Moure)

CHRISTIAN GARCÍA BELLO

Christian García
Sin título, (2009)
Técnica mixta, 30x30cm


Esta peza pretende conxugar as ideas de mapa topográfico
e mapa conceptual xunto co de gráfico descriptivo
para narrar un dos problemas da planificación urbanística
nunha comunidade como é a galega.

Chistian García
Sin título, (2009)
Grafito sobre papel, 21x29,7x5

Trátase dunha desfragmentación seriada dunha paisaxe urbano que pon a atención nos elementos ruinosos, abandonados ou destruidos, que se espallan por calqueira cidade.
(Christian García)










detalle

BORJA DOEL

Borja Doel
Intre, (2008)
Técnica mixta sobre táboa, 75,5x106 cm



¡Benvido!. ¿Onde está a maxia sin un pequeno cuco marcándonos un intre?.
As suas plumas de vella madeira queren revolotear unha vez máis, pero son demasiado pesadasesta vez para tentar desengancharse da casa das fiestras. O cuco non se cansa de dicir que a hora chegou, que a xente debe pasar a velas cousas que o acompañan, ás que protexe dende unha das entradas do lugar.

Borja Doel
Intervención (2009)
Impresión digital
(92x92 cm) x 2

Tras recorrer un frondoso bosque de luces e debuxos, o cuco canta o máis forte posible para que a xente se deteña diante dun segundo lugar, duas fotografías de liñas alambre con sombra. Construccións nas que o protagonismo o leva unha liña… ¿o zecais a sua sombra?, non o sei, non sabería decirche si naceu antes a forma do alambre,ou con permiso da sua maxestade o sol, a sua sombra.

Borja Doel
Hi-Fi, (2009)
Técnica mixta sobre taboa
122 x 42,5 cm.

Adentrámonos un pouco máis no lugar e chegamos a un mundo contrastado por fotos en branco e negro abrazando acuarelas de color, e alí, na saída do lugar, o cuco volve a cantar fortemente por derradeira vez, para indicarnos o camiño hacia a casa, para que non nos perdamos, sólo debemos seguir os postes da luz si o día se volve gris, vaticinando que en duas semanas o lugar estará vacío.
(Borja Doel)

.